Novas
Excursión a Mariña LucenseO Concello de Irixoa organiza unha excursión á Mariña Lucense o vindeiro día 19 de setembro.
Saída: 8:30 horas diante do Concello.
Prezo:
20,00 € persoas empadroadas.
40,00 € peroas non empadroas.
De acordo coa ordenanza fiscal reguladora de prezos públicos pola prestación de actividades deportivas,
culturais e outras actividades de carácter puntual no Concello de Irixoa
Bonificacións e exencions (haberá que solicitalo e achegar a documentación que o acredite). Máis información na ordenanza reguladora, publicada no BOP Deputación da Coruña de mércores, 24 de setembro de 2025.
Terán preferencia ao persoas empadroadas.
As non empadroadas poderán ir no caso de que queden prazas libres.
Inscricións ata o día 21 de agosto.
Aquapark de CercedaO Concello de Irixoa organiza unha excursión ao Aquapark de Cerceda o dia 17 de agosto de 2026.
Saída: 11:00 horas ao lado da Casa consistorial.
Chegada a Irixoa de volta: 21:00 horas aproximadamente.
Prezos:
20,00 € persoas empadroadas.
40,00 € persoas non empadroadas.
Gratuíto para os nenos e as nenas anotados/as no Campamento de veran.
(os nenos/as do campamento irán con monitores/as, poderán ir acompañados/as por unha persoa adulta pero non necesariamente)
Inscrición: ata o día de 7 agosto.
Nas oficinas xerais do Concello de Irixoa Máis información: tél. 981 793 001.
Vacacións en Paz Vacacións en Paz
A Asociación "Solidariedade Galega co Pobo Saharaui" busca familias acolledoras para o programa de Vacacións en Paz para as nenas e nenos do Pobo Saharaui.
Máis información en asociacionsogaps@yahoo.es ou no teléfono 669 078 725.
mensaje difusión
Preinscricion Campamento de verán 2026O Concello de Irixoa abre o prazo de preinscrición para participar no Campamento de verán ata o día 29 de maio.
Idades: de 3 a 15 anos
Datas: do 29 de xuño ao 28 de agosto.
Prezo: 10 € semana nen@s empadroad@s
30 € semana nen@s non empadroados
O campamento esta enmarcado no Plan corresponsables: Irixoa Concilia, financiado pola Consellería de Política Social e o Ministerio de Igualdade.
A preinscricion realizarase a través do seguinte formulario de google: https://forms.gle/QV5MqzZQ94ppCAco8
Taller de Defensa Persoal FemininaTaller de Defensa Persoal Feminina
O Concello de Irixoa coa financiación do Pacto de Estado levará a cabo un Seminario de Defensa Persoal Feminina o día 29 de maio, en horario de 16 a 19 horas, no Pabellón Municipal de Irixoa. Taller levado a cabo por HKF, Escola de Defensa Persoal e Policial. Actividade gratuita destinada a mulleres maiores de idade. Necesaria inscrición previa no teléfono 981 793 001 ou no Departamento de Servizos Sociais do Concello de Irixoa.
XXII FESTA DAS PERSOAS MAIORESDía: 9 de maio de 2026.
Lugar: Polideportivo Municipal de Irixoa.
Destinatari@s: maiores de 50 anos.
Prezos:
Persoas maiores de 50 anos empadroadas e cónxuxes tamén empadroad@s: 20 €.
Acompañantes e cónxuxes non empadroad@s: 40 €.
Acompañantes dunha persoa que non pode acudir soa: 20 €.
Prazo de inscricón do 20 ao 30 de abril.
Máis información: tel. 981 793 001.
Cambio de día do transporte a Betanzos Cambio de día do transporte a Betanzos
Infórmase do cambio de día do transporte a Betanzos dende o concello. A partir deste martes 21 terá lugar o primeiro e terceiro MARTES de mes. O horario e o percorrido será o mesmo.
Moitas grazas.
cartel
Obradoiro de Xestión emocional na infancia e adolescenciaObradoiro de Xestión emocional na infancia e adolescencia
Obradoiro destinado a aprender un manexo axeitado do estrés e ansiedade nesta etapa evolutiva. Destinado a familias con menores nesta etapa, menores acompañados e público en xeral interesado. Martes, 14 de Abril ás 16.30 horas. Biblioteca Municipal de Irixoa. Actividade financiada pola Escola Galega de Saúde para Cidadáns e xestionada polo Concello de Irixoa. Necesaria inscrición previa no Departamento de Servizos Sociais ou no teléfono 981793001. Actividade Gratuita.
Página
1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49