Novas

ACTIVIDADES DE VERÁN 2023

Realizaremos as seguintes actividades durante o verán

- Aquapark de Cerceda. 17 de xullo. Todos os públicos- Prezo: 16 €.

- Aquapark de Sanxenxo. 26 de xullo. Maiores de 6 anos- Prezo: 35 €.

- Multiaventura. 31 de xullo. Maiores de 4 anos- Prezo: 30 €.

- Karts. 22 de agosto. Todos os públicos- Prezo: 35 €.

50 % de desconto para empadroados/as.

10% de desconto para @s que se anoten a máis dunha actividade.

Menores de 8 anos acompañad@s.

Máis información e inscricións tel. 981 793001.

ata 3 días antes da actividade.

Ficha inscricion menores

Ficha inscricion adult@s

 
Programa Expertclic

Programa Expertclic

A Fundación Cibervoluntarios impartirá en colaboración co Concello de Irixoa unha formación para persoas maiores centrado no uso das novas tecnoloxías. Serán os días 5 de 12 de xullo de 10 a 12 horas na Biblioteca Municipal de Irixoa. Inscrición previa no teléfono 981 793 001 ou nos Servizos Sociais Municipais. Actividade de balde.

 
Listado admitidos/as Campamento Irixoa verán 2023

Está publicada no taboleiro de anuncios do Concello de Irixoa (físico e electrónico) o listado de nenos/as admintidos/as no Campamento Irixoa verán 2023.

Admitidos/as Campamento Irixoa verán 2023

 
Presentación da Xunta Local de Irixoa da Asociación Española Contra o Cancro

O sábado 17 de xuño ás 11.30 horas na Biblioteca Municipal de Irixoa terá lugar a presentación da Xunta Local de Irixoa da AECC e a charla inaugural: Prevención e Cancro, a cargo de Javier Pereira Beceiro, especialista en Uroloxía do CHUF.

cartel AECC

 
CAMPAMENTO IRIXOA VERÁN 2023

Destinatarios/as: nenos e nenas de 3 a 14 anos

Datas: do 3 de xullo ao 31 de agosto

Quendas:.

1ª quenda: 3 ao 21 de xullo

2ª quenda: 24 de xullo ao 11 de agosto

3ª quenda: 14 ao 31 de agosto

Prezo: 40 € quenda

50 % de desconto para empadroados/as

Descontos tamén por ser familia numerosas, familias cun so dos ses membros traballando, familias monoparentais...

Máis información e inscricións: tel. 981 793 001.

Preinscrición ata o día 16 de xuño. https://forms.gle/k9yvpSwC7cp3VNrg7

Cartel campamento Irixoa verán 2023

 
Taller Función do suxeitador na Saúde da Muller

O día 6 de xuño ás 16.30 horas terá lugar na Biblioteca Municipal o taller: "Función do Suxeitador na Saúde da Muller". Impartido por Bego Bermúdez, asesora de ropa íntima con ampla experiencia. Inscrición previa nos SS. SS de Irixoa ou no teléfono 981793001. Actividade de balde.

 
EXCURSIÓN RÍA DE AROUSA

Día: 10 de xuño de 2023

Paseo en catamarán pola Ría de Arousa, comida no barco

Saída: 8:30 horas da Casa do Concello de Irixoa.

Prezo: 40 €

As persoas empadroadas en Irixoa terán unha subvención dun 50%, polo tanto 20 €.

Incluído: transporte, comida no barco, menú: empanada, mexillóns ao vapor, mariscada, postre, bebidas.

Terán preferencia as persoas empadroadas en Irixoa. As non empadroadas poderán ir se hai prazas libres.

Inscricións do 22 de maio ao 2 de xuño. tel. 981 793 001.

 
CAMPAMENTOS DEPORTIVOS DEPUTACIÓN 2023

Volven os campamentos deportivos da Deputación da Coruña. O prazo de preinscrición xa está aberto, o Concello de Irixoa ten 3 prazas para que asistan os nenos/as do Concello na primeira queda que serán do 2 de xullo ao 7 de xullo. Inscricións no concello ata o 7 de xuño.

Tríptico + información

 
Coidados Porta a Porta

Coidados Porta a Porta

Os días 27 de Abril e 2 e 3 de maio estará na Viña a unidade móbil do programa Coidados Porta a Porta que presta servizos gratuitos de Podoloxía, Estimulación cognitiva e Audioloxía a maiores de 55 anos. Para obter cita previa chamar os seguintes teléfonos: 622748283 ou 623546992. O día 27 ás 13 horas celebrarase unha charla de podoloxía diante da Unidade móbil con carácter gratuito.

coidados porta a porta Irixoa

 
Programa Acoges + Aldeas Infantiles SOS

Programa Acoges + Aldeas Infantiles SOS

Aldeas Infantiles SOS ponse en contacto co Concello de Irixoa para defundir o seu programa Acoges +; programa de acollemento a nenos, nenas e adolescentes que ten coma fin facilitar un novo fogar a todos/as aqueles que por diversas razón non poder crecer coa súa familia de orixe. Solicitade máis información de cómo facerse familia acolledora no teléfono 981 793 001 ou nos Servicios Sociais de Irixoa.

Programa Acoges +

 
Página  1   2   3   4   5   6   7   8   9   10   11   12   13   14   15   16   17   18   
Sede electrónica

 

As nosas sedes

 

Perfil Facebook

 

Aula Mentor