Presentación

PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL (PXOM)
 
No pleno municipal do 25/11/2011 foi aprobado de forma provisional - final o PXOM.
A documentación foi remitida á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras  para a súa aprobación definitiva.
Co obxecto de dar difusión á proposta do novo planeamento, pódese consultar nesta web os planos de clasificación e ordenación do solo, así como os de delimitación de núcleos rurais.
 
 
NOVAS
 
REDE DE REXISTRO DE DEMANDANTES DE BANDA LARGA
 
A Xunta de Galicia, dentro do seu programa de Iniciativas de Modernización e Innovación Tecnolóxica, tén á disposición da cidadanía a Rede de Rexistro de Demandantes de Banda Larga para o acceso a internet.
 
Neste sitio web poden consultarse as previsións de cobertura dos distintos núcleos de poboación de Galicia para o periodo 2010-2013.
 
En caso de non dispoñer do acceso, na propia web pódese rexistrar a demanda do servizo de banda larga.
 

OFERTAS DE TRABALLO 

CONVOCATORIA DE SUBVENCIÓNS

Máis información sobre ofertas de emprego, no departamento de Orientación Laboral , onde se actualizarán periódicamente para axudarche na túa busca de emprego ou mellora laboral.

 

REMATADA A OBRA DE MELLORA E ACONDICIONAMENTO DO LOCAL SOCIAL DA VIÑA

A dita obra fora adxudicada á empresa Antonio Barallobre Ulloa S.L. polo importe de 9.348,09 euros.

Na financiación do proxecto participou a Deputación Provincial da Coruña

ABERTO O PRAZO DE SOLICITUDE PARA A CONEXIÓN AO SERVIZO DE ABASTECEMENTO DE AUGA POTABLE NAS PARROQUIAS DE CHURÍO E CORUXOU.
 
Feitas e rematadas satisfactoriamente as probas finais do abastecemento de Churío e Coruxou, ábrese o prazo para as solicitudes de conexión a partir do 12 de xullo de 2011.
 
Con data  12/02/2004 publicouse no Boletín Oficial da Provincia a Ordenanza do servizo municipal de abastecemento de augas (modificada no B.O.P. de 11/03/2008).
 
O Concello anima aos veciños e propietarios de vivendas da zona de implantación do servizo para que se interesen polas condicións económicas e técnicas deste servizo básico. 
 
Os posibles usuarios interesados deberán realizar unha solicitude de conexión ao servizo municipal mediante a instancia oficial que existe neste concello.
 
 
ACTIVIDADES DE VERÁN 2011
 
Ao igual que outros anos,  o Concello de Irixoa organiza actividades durante o verán dirixidas a diversos grupos de idades: Camiño de Santiago a Fisterra, roteiros polo Monte do Raño, Casal do Mouro e Monte de San Antón, campeonato de fútbol, campamento urbán, praia de Perbes, Aquapark, parque multiaventura, montar a cabalo, espeleoloxía, paintball, rafting e actividades de títeres, malabares, maxia e contacontos.
 
Preme aquí para ver ou descargar o tríptico informativo en pdf.
 
 
ASOCIACIÓN DE DESENVOLVEMENTO RURAL MARIÑAS - BETANZOS: Aberto ata o 1 de setembro de 2013 o prazo para a presentación de solicitudes de axudas do Programa LEADER.
Máis información en :
 
 
ABERTO O PRAZO DE SOLICITUDE PARA A CONEXIÓN AO SERVIZO DE ABASTECEMENTO DE AUGA POTABLE NAS PARROQUIAS DE AMBROA E A VIÑA.
 
Feitas e rematadas satisfactoriamente as probas finais do abastecemento de Ambroa e A Viña, ábrese o prazo para as solicitudes de conexión a partir do 22 de Febreiro de 2011.
 
Con data  12/02/2004 publicouse no Boletín Oficial da Provincia a Ordenanza do servizo municipal de abastecemento de augas (modificada no B.O.P. de 11/03/2008).
 
O Concello anima aos veciños e propietarios de vivendas da zona de implantación do servizo (1ª fase) para que se interesen polas condicións económicas e técnicas deste servizo básico.  Os posibles usuarios interesados deberán realizar unha solicitude de conexión ao servizo municipal mediante a instancia oficial que existe neste concello.
 
O servizo de abastecemento tén unha 2ª fase de implantación, de próxima contratación e execución, polo que os posibles usuarios afectados deberán esperar a que se rematen as obras de ampliación e se convoque un novo procedemento de enganches.
 
 
 NOVO OBRADOIRO DE EMPREGO EN IRIXOA: MELLORA DE CENTROS DE INICIATIVA RURAL.  

A Concellería de Traballo e Benestar, concedeu ó Concello de Irixoa, un obradoiro de Emprego que permitirá formar e dar emprego durante un ano a  desempregados/as do municipio.

O Obradoiro consistirá nun programa mixto de formación e emprego, para mellorar a ocupabilidade das persoas desempregadas, maiores de 25 anos coa finalidade da súa posterior integración no mercado de traballo.

Así, 18 alumnos/as maiores de 25 anos, e inscritos na oficina de emprego como demandantes de emprego, poderán formarse e traballar nas especialidades de Albanelería e Cachotaría.

O obradoiro comezará a mediados de Decembro e farase mediante a realización das obras de recuperación de dous inmobles e a súa área colindante, cunha intervención que permita a recuperación dos inmobles para o uso público, como lugar formativo e de iniciativas de desenvolvemento rural.

 

 
 
 
SERVIZO DE ORIENTACIÓN LABORAL
Dende o mes de setembro de 2010 o Concello conta cun propio departamento de orientación laboral cos seguintes obxectivos:
- Orientar e informar a demandantes de emprego sobre o seu perfil profesional.
- Asesorar sobre os cursos de Formación Ocupacional
- Recursos persoais e competencias do demandante para mellorar a súa integración no mundo laboral.
- Motivar a súa implicación no proceso.
- Entrevista para coñecer o perfil profesional - ocupacional.
- Asesoramento para a elaboración e adecuación do C.V.
- Entrenamento nas técnicas de búsqueda activa de emprego.
- Itinerarios Formación - Emprego para cada demandante.
- Desenvolver a cultura emprendedora.
- Seguimento
 
INICIO DA TEMPORADA 2010 - 2011 DAS ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS

 

Gestor de contenidos desarrollado por AracnoSoft