Publicado o 03/06/2010:
CAMPUS DE FÚTBOL DA DEPUTACIÓN
DEPORTES: Técnica, táctica, xogo, adestramento de porteiros.
LUGAR: Instalacións deportivas de A torre (A Coruña) e Acea de Ama (Culleredo).
ALOXAMENTO: Residencia do IES Cruceiro Baleares. (Culleredo).
DURACIÓN: de domingo a sábado. 2ª quenda, do 11 ó 17 de xullo
DESTINATARIOS: rapaces/as entre 9 e 13 anos
COTA DE INSCRICIÓN: 75€
Documentación que se entregará:
1.- Ficha de inscrición debidamente cuberta e asinada polos pais ou titor/a do solicitante.
2.- Unha foto de carné.
3.- Fotocopia de documento de asistencia sanitaria.
4.- Fotocopia do Libro de familia ou carné de identidade.
5.- Copia de aboamento da cota de inscrición. (Posterior á confirmación da praza por parte do concello).
7.- No caso de tratamento específico ou doenza que haxa que ter en conta, xustificante médico asinado polo facultativo pertinente.
Inscricións
NO CONCELLO OU NO TEL. 981 793 001 CON DATA LÍMITE O 11 DE XUÑO
CAMPAMENTOS DEPORTIVOS DA DEPUTACIÓN
Campamento deportivo con golf, vela, tenis, voleipraia, que se realiza na Coruña con aloxamento no Colexio Calvo Sotelo, cunha duración dunha semana, de sábado a domingo. O concello de Irixoa participa na primeira quenda, do 4 ao 10 de xullo.
Poden participar rapaces e rapazas de 9 aos 13 anos. O campamento ten un prezo de 85 euros.
Documentación que se entregará
1.- Ficha de inscrición debidamente cuberta e asinada polos pais ou titor/a do solicitante.
2.- Unha foto de carné.
3.- Fotocopia de documento de asistencia sanitaria.
4.- Fotocopia do Libro de familia ou carné de identidade.
5.- Copia de aboamento da cota de inscrición. (Posterior á confirmación da praza por parte do concello).
7.- No caso de tratamento específico ou doenza que haxa que ter en conta, xustificante médico asinado polo facultativo pertinente.
Inscricións
NO CONCELLO ou no tel. 981 793 001 CON DATA LÍMITE 11 DE XUÑO
II TORNEO PREBENXAMIN
O 8 de Maio tivo lugar en Bemantes o II Torneo Prebenxamín de Fútbol Sala, organizado polo Bemantes C.F.. Na categoría prebenxamín (nenos/as nados no ano 2002-2003 e 2004) participaron un total de 6 equipos (Miño A, Miño B, Irixoa-Monfero, Paderne, Vales Villamarín e Troula). Na categoría benxamín, novidade respeto ó ano pasado, eran 4 equipos (Irixoa-Monfero, Paderne, Miño e Vales Villamarín). O equipo prebenxamín Irixoa-Monfero alcanzou o primeiro posto do torneo tras vencer todolos partidos disputados. O equipo da categoría banxamín non tivo tan boa sorte, posto que tan só logrou un merecido empate contra o Vales Villamarín.
Felicitar a tódolos equipos participantes, pola súa participación, así como polo progreso respecto a torneos anteriores.
COPA DE FÚTBOL SALA COMARCA LAMBRE-MANDEO
O sábado 22 de Maio celebrouse no polideportivo de Irixoa e no de Monfero a Copa de Fútbol Sala da Comarca Lambre- Mandeo correspondente á categoría infantil, na que participaron un total de oito equipos (Irixoa-Monfero, Paderne, Vales Villamarín, Alameda Xarío, Cabañas, Sobrado, Curtis e Oza)
O equipo Irixoa-Monfero empezou xogando cun rival forte; o Alameda Xarío de Miño (3º Clasificado na Liga) pero logrou ganarlle 2-0, ó cal lle permitiu pasar a seguinte fase e xogar contra o Vales Villamaría de Betanzos. Este partido resultou máis igualado, o equipo Irixoa-Monfero logrou porse cunha vantaxa de 2-0 pero á falta de 10 minutos, o Vales anotou un gol ó cal fixo sufrir ó equipo local ata o pitido final. Pero grazas a esta reñida victoria, o equipo de Irixoa- Monfero xa estaba na final, a cal tivo que disputar co equipo de Sobrado. Foi unha final moi igualada, na que o resultado final foi de empate (3-3) polo que houbo que ir a tanda de penaltis, onde o Sobrado se impuso ó Irixoa-Monfero, alcanzando polo tanto o campionato.
NORABOA ó equipo de Irixoa-Monfero polo Subcampeonato!!
INFORMACIÓN
Educación Física de Base e Xogos (Xoves ás 18:00h) 6-9 anos
Psicomotricidade
Xogos adaptados
Patinaxe
Escolas Predeportivas (Xoves ás 19:00h) 9- 15 anos
Bádminton
Tenis de mesa
Fútbol sala
Escolas Deportivas Específicas (Xoves ás 20:00h) +16 anos
Fútbol Sala Xuvenil
Mantemento Adultos ( Luns, Mércores e Xoves ás 21:00h) Todas as idades
Ximnasia de mantemento
Xogos adaptados
INSTALACIÓNS
Polideportivo Municipal de Irixoa
Pista Polideportiva de Ambroa
Pista Polideportiva de A viña
Campo de Fútbol Municipal de Irixoa
COMPETICIÓNS DEPORTIVAS
Liga provincial senior
Deporte en Idade escolar
Fútbol Sala Tenis de mesa
Bádminton Xornadas deportivas
Campo a través