Aula de informática

A Aula de Informática do Concello de Irixoa é un espazo formativo aberto a todas aquelas persoas que estean interesadas en iniciarse no mundo das novas tecnoloxías, ampliar os seus coñecementos neste campo ou ben utilizar a Aula como medio para facer traballos, conectarse á rede, etc. Está situada no baixo da CASA DO CONCELLO (Pazo de Irixoa, 6A).

Equipamento:

Impresora láser
6 equipos informáticos
Liña RDSI
1 monitor TV

O ACCESO Á AULA, O TRABALLO COS EQUIPOS E A CONEXIÓN A INTERNET SON GRATUITOS

Servicios ofertados polo Concello.
Aula Aberta
: O concello ofrece un tempo para o uso libre da Aula de Informática por parte das persoas interesadas.
Cursiños de informática. Periódicamente organízanse actividades de formación destinadas aos veciños de Irixoa co obxetivo de iniciar á poboación en xeral no uso das novas tecnoloxías (estas actividades están suxeitas a tarifas reguladas mediante unha ordenanza municipal).

RECOMENDACIÓNS DE USO DA AULA DE INFORMÁTICA

Existen una serie de recomendacións de pautas de comportamento que teñen o propósito de facilitar a utilización por todos os cidadáns das instalacións municipais e converter a Aula nun lugar de entretemento, ocio e formación.

Todo os cidadáns teñen dereito á utilización dos equipos existentes na Aula de Informática, agás nas horas do día en que estean reservados para a utilización exclusiva polos departamentos do Concello (cursos, actividades, xornadas, etc.).

A utilización da Aula é gratuita nos horarios adicados a AULA ABERTA. Os cursos terán o custo que se especificará en cada caso concreto.

Para o benestar de todos é desexable manter un ambiente agradable que permita o correcto desenvolvemento de tódalas actividades ás que está destinada a Aula.

Por motivos de hixiene e coidado dos equipos informáticos, haberá que sair fora da Aula para inxerir alimentos ou bebidas.

A Aula de Informática ten a intención de converterse nun centro de formación e espallamento, polo que queda absolutamente prohibido a consulta de páxinas de contido inapropiado (violentas, pornográficas, etc.).

Tódolos equipos da Aula están a disposición de todos, pero para a impresión dalgún documento é preciso contar co consentimento do encargado da Aula.

O coidado dos ordenadores e demais equipos é responsabilidade de todos, por iso, para evitar calquera risco para a súa integridade recoméndase:

1.- Non colocar ningún obxecto sobre o ordenador.
2.- Non modifica-la configuración do ordenador.
3.- Apagar os equipos que se utilicen seguindo o procedemento habitual.
4.- Non instalar, sen previo permiso dos responsables da Aula, ningún programa alleo á Aula de Informática.
5.- Non alterar a composición dos equipos informáticos intercambiando os distintos elementos que os compoñen.

Nos casos en que todos os ordenadores estean ocupados, poderá establecerse unha limitación no tempo máximo de utilización de unha hora e media para cada persoa.

Por motivos estrictamente legais, non poderán utilizarse os equipos da Aula para instalar, copiar e reproducir programas non orixinais.

Todas estas recomendacións están pensadas para o mellor aproveitamento das instalacións da Aula.

GRAZAS POLA COLABORACIÓN DE TOD@S

AULA DE INFORMÁTICA
Contacto
Pazo de Irixoa, 6A
15313 Irixoa
Telf.981 79 30 01 (Concello)
aula.informatica@irixoa.dicoruna.es














Volver

 

Gestor de contenidos desarrollado por AracnoSoft