Servizos Sociais

Ubicación Departamento Servizos sociais:Primeira planta do Concello.
Atención ao público: de luns a venres polas mañáns.

¿Qué son os Servizos sociais de atención primaria?

Os servizos sociais enmárcanse dentro da política xeral de desenvolvemento do Benestar social, configurándose como un sistema público que oferta protección social e contribúe a satisfacer as necesidades básicas dos cidadáns.

Desde o Concello de Irixoa, a atención primaria é o eixo fundamental, que se configura no primeiro nivel de atención ás necesidades sociais, constituíndo a "porta de entrada" ao Sistema.
O Departamento de Servizos Sociais do Concello de Irixoa é o encargado de prestar apoio e axuda ás situacións de necesidade social dos cidadáns deste municipio. Está dirixido a toda a poboación

Dentro dos Servizos Sociais de Atención Primaria existen diferentes áreas de actuación como poden ser: Persoas Maiores, Muller, Familia, Menores, Discapacitados…

Os programas básicos de actuación que se desenvolven en atención primaria son:

- Programa de orientación, asesoramento e información
- Programa de axuda no fogar
- Programa de inserción social
- Programa de animación, prevención e cooperación social
- Programa de convivencia alternativa


Programa Información, Orientación e Asesoramento.

O programa de información orientación e asesoramento, é unha das prestacións básicas dos servizos sociais.

Está dirixido a TODA A POBOACIÓN (individuos e/ou grupos) e ten como principal obxectivo informar, orientar e asesorar aos individuos e grupos e á comunidade en xeral sobre os dereitos, obrigas e recursos existentes en materia de servizos sociais, así como sobre os procedementos para o seu exercicio e, se é o caso, a intermediación para que sexan efectivos, diagnosticar a situación e derivalos, se é necesario, ós servicios sociais de atención especializada.

Programa de axuda no fogar

¿QUE É?
Consiste na prestación dunha serie de atencións de carácter persoal, doméstico e técnico co fin de facilitar que as persoas poidan seguir vivindo no domicilio e entorno, evitando así ingresos non desexados en residencias.

¿QUEN PODE RECIBIR ESTE SERVIZO?
Individuos e familias que estean en situacións nas que no lles é posible a realización das súas actividades habituais, ou en situacións de conflicto para algún dos seus membros. O servizo oriéntase a persoas cunha dependencia non moi grande, ou no caso de existir, é dicir persoas encamadas e totalmente dependentes, o servizo vai destinado a "descargar" á familia, como medida de apoio á mesma.

¿QUÉ TAREFAS OFERTA?
-Axuda no aseo e coidado persoal.
-Supervisión da medicación.
-Axudar a erguerse e deitarse.
-Coidados especiais a encamados: cambios de postura, limpeza e hixiene corporal.
-Axudar a moverse e camiñar dentro do fogar.
-Axudar nas tarefas domésticas: varrer, fregar, limpar a casa, facer a cama. (Tarefas cotiás de mantemento).
–Facer a compra e cociñar.
-Acompañamento en distintas xestións fora do fogar: ir ao médico, ir á compra, etc.

CARACTERÍSTICAS DO SERVIZO
-Horari máximo dúas horas diarias, de luns a sábado, mañá e/ou tarde.
-Tarefas a determinar polo Traballador Social municipal.
-As baixas temporais no poderán ser superiores a un mes.
-Non é un servizo de empregadas do fogar. O S.A.D. préstase por persoal cualificado. Actualmente con 4 auxiliares familiares.

¿CANTO COSTA ESTE SERVIZO?
A achega económica no Servizo de Atención Domiciliaria (S.A.D.) dependerá da situación persoal e os recursos económicos do beneficiario, podendo estar exento, pagar unha parte ou incluso a totalidade.

¿COMO SE SOLICITA?
Para solicitar o servizo, o posible beneficiario, ou calquer persoa da súa confianza, debe dirixirse ao Departamento de Servizos Sociais do Concello de Irixoa, situado na planta baixa da casa consistorial, onde lle informarán da documentación necesaria, así como das dúbidas que poidan ter ao respecto.














Volver

 

Gestor de contenidos desarrollado por AracnoSoft