Saúda do Alcalde

 
 
 
 
 
 
Estimad@s internautas:

Compráceme darlles a benvida a todos os visitantes a esta páxina web de Irixoa. Realizámola con moita ilusión, buscando alcanzar dous obxectivos: por un lado que sexa útil para os ciudadáns que residen no municipio, e por outro, que sirva de carta de presentación para todos aqueles que aínda non nos coñecen, ou que queren saber máis sobre Irixoa.

Estamos sendo testemuñas do avance cara a Sociedade Dixital, caracterizada pola converxencia de todas as tecnoloxías que configuran o noso futuro máis inmediato, e lóxicamente Irixoa non pode quedar impasible ante o tren do progreso. Nos últimos anos as novas tecnoloxías da información e da comunicación transformaron profundamente a sociedade en xeral, e de ahí que o acceso á información do momento fora inimaxinable ata fai moi pouco tempo. As novas tecnoloxías e a sociedade do coñecemento están impoñendo pouco a pouco unha nova forma de relación e interacción social . A revolución tecnolóxica que supón a información masiva e simultánea de contidos pola rede abre un mundo cheo de posibilidades para o desenvolvemento e a formación integral das personas. As solucións de comunicación que nos brinda internet son tan diversas e potentes que os mecanismos tradicionais van quedando obsoletos a pasos axigantados.

Consciente deste extraordinario instrumento para o desenvolvemento, o Concello de Irixoa, súmase a este enorme e potente entramado coa aportación da nosa propia páxina web, como un lugar de encontro aberto a todos aqueles que, desde calquer lugar do mundo ou desde o propio municipio queiran acercarse aos servicios e á información que a institución local ofrece de Irixoa.

Compartimos a idea común de que o Concello é a casa de todos, a institución máis próxima ao cidadán; con esta páxina, que comeza a dar os seus primeiros pasos, reforzamos esta convicción e desexamos acercar a xestión municipal ao cidadán e que a través dela poida coñecer mellor o seu municipio, a súa xestión política e administrativa, informarse das actividades que se realizan, da programación cultural e deportiva, e dos proxectos e realizacións dos diferentes departamentos municipais.

Espero, pois, que esta páxina web lle axude a contemplar a súa visión do municipio de Irixoa, no caso caso de que o coñeza, e se non é así, confío en que a curiosidade que o levou a consultar esta, teña a súa continuidade nunha visita, neste caso real, non virtual.

Antonio Deibe Sanmartín
Alcalde de Irixoa














Volver

 

Gestor de contenidos desarrollado por AracnoSoft