A Dirección Xeral do Catastro autorizou un punto de información catastral (PIC) no Concello de Irixoa.
No PIC os titulares catastrais de fincas urbanas e rústicas poderán obter certificacións oficiais das súas propiedades, de xeito totalmente gratuito.
Con iso afórrase o traballo de ter que achegarse ás oficinas catastrais da Coruña.
Os titulares poderán autorizar formalmente o acceso aos seus datos protexidos.
As fincas dos titulares falecidos só poderán ser certificados na Xerencia Provincial do Catastro, polo que se recomenda actualizar e regularizar as titularidades.