ACTIVIDADES VERÁN 2010
CAMPAMENTO INTERMUNICIPAL IRIXOA-ARANGA-OZA DOS RÍOS
Como en anos anteriores o Concello de Irixoa organiza, xunto cos concellos de Aranga e Oza dos Ríos, un campamento de verán destinado a rapaces e rapazas de 8 a 18 anos.
Este ano iremos a Fisterrá onde os e as participantes poderán disfrutar das actividades típicas dun campamento.
O campamento terá unha duración de 6 días, 5 noites, desde o 28 de xuño ata o 3 de xullo e ten un prezo de 180 euros os/as empadroados terán unha subvención de 90 euros.
Máis información e inscrición no Concello de Irixoa ou no tel. 981 703 001, ata o día 9 de xuño.
CAMPAMENTO URBANO
Este campamento está destinado a rapaces e rapazas de 3 a 13 anos que poderán realizar moi diversas actividades na biblioteca municipal e no polideportivo.
O campamento terá unha duración de 5 semanas, desde o 5 de xullo ata o 6 de agosto, de luns a venres de 10:30 a 13:30 horas, e un prezo de 40 euros (os/as empadroados terán unha subvención de 20 euros).
O prazo de inscrición remata o día 24 de xuño e poderá realizarse no concello ou no tel. 981 793 001.
CAMIÑOS DA CULTURA
O Concello participa no programa da Consellería de Cultura e Turismo Camiños de Cultura, programa de espectáculos de música, teatro, títeres, danza, maxia,,, .
O concello solicitou as seguintes actuacións:
18 de xuño na clausura das escolas deportivas municipais teremos a Yuma Malabarista. O espectáculo de malabares comezará arredor das 20:30 horas.
28 de xullo: nesta ocasión o Mago Richard co seu espectáculo “A ferradura máxica”, nunha carpa situada no campo de fútbol de Irixoa a partir das 11 horas, mostrará aos/as particpantes os segredos da maxia..
Un novo concepto de maxia, un obradoiro espectáculo que ten lugar nunha carpa onde os/as asistentes en grupos reducidos aprenden os segredos da maxia, ensáianos e sorpréndense coa arte da prestidixitación levando consigo o pracer de, ó saír da carpa, sentirse pequenos magos.
Desde as 11:00, durante 2 horas realizaranse varias sesións. Asistirán os e as participantes ao campamento urbano, aínda que a actuación estará aberta a todos aqueles nenos e nenas que queirán participar que poderan anotarse no concello ou no tel. 981 793 001 ata o día 23 de xullo.
30 de xullo: Teremos un concerto didáctico con SON+d2. Será as 11:00 horas na biblioteca municipal. Asistirán os e as participantes do campamento urbano, aínda que a actuación estará aberta a todos aqueles nenos e nenas que queirán participar que poderan anotarse no cocnello ou no tel. 981 793 001 ata o día 23 de xullo.